Thursday 02 de May de 2024

O xefe do Servizo Municipal de Emerxencias participa como ponente no Seminario Internacional de Salvamento Acuático de Coimbra


Juan M. Suárez Vilas, coordinador do Servizo de emerxencias e protección civil do Concello de Oleiros, participa esta fin de semana como ponente no II Seminário Internacional de Salvamento Acuático que se celebra na cidade portuguesa de Coimbra.

O potente operativo de salvamento de Oleiros foi seleccionado como exemplo de operativo que dá servizo ás 6 praias e numerosas calas dispersas polos 27 km de costa e cun elevado índice de ocupación durante todo o verán. En total son case 5 km de praias e estímase que o número de visitantes durante o verán chega a triplicar á poboación habitual.

Entre socorristas, patróns de embarcacións, xefes de grupo, equipo e supervisores, ademais das persoas encargadas da coordinación de todo o operativo, Oleiros pon en marcha un continxente de 45 persoas para garantir unha atención de calidade e uns índices de seguridade óptimos.

O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.

Deja un comentario